O Choupín dixital
A revista do IES Carlos Casares de Viana do Bolo

venres, 9 de febreiro de 2018

Publicítame ben, anuncio 5

Desta vez, denunciando publicidade enganosa, animando a crítica de produtos que se anuncian como ideais e non o son tanto...


mércores, 7 de febreiro de 2018

Razoa...

Cuarta entrega de publicidade "ideal" ou contrapublicidade, neste caso un desodorante que pode ser moi bo pero que non disimula os aromas que emanan dunha linguaxe xestual inadecuada...
#consumo
#planproxecta
#galicons

martes, 30 de xaneiro de 2018

Día Escolar para a Paz e a non Violencia

Terceiro anuncio, neste caso campaña publicitaria, que elabora o alumnado de TIC II (2º de Bacharelato) no desenvolvemento proxecto "Publicítame ben" (integrado en Galicons-net, Plan Proxecta).

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Perfume e Igualdade

Buscas un bo perfume? O alumnado do Galicons do IES Carlos Casares dáche unha boa idea...

#galicons
#consumo


martes, 16 de xaneiro de 2018

Quérote+ 2018

Hoxe o alumnado de 3° da ESO participou na primeira sesión do programa Querote + (Plan Proxecta) na cal coñeceron a plataforma online e os servicios que presta, como información e resposta a dúbidas sobre sexualidade, drogodependencia, uso de redes sociais, autoestima e imaxe corporal.




luns, 15 de xaneiro de 2018

Galicons-net, un proxecto de consumo

O alumnado de 2º de Bacharelato de TIC II e o de 2º de ESO de ITI están a participar en Galicons-net, un programa enmarcado no plan Proxecta e dependente da Escola Galega de Consumo. Se ben viamos hai días que traballaban obradoiros de publicidade ilícita e linguaxe publicitaria, hoxe deixámosvos o primeiro dos 8 spots publicitarios que o alumnado de 2º de Bacharelato realizou. O obxectivo, achegarse ao anuncio ideal, sen contidos pexorativos nin discriminatorios, especialmente por razóns de xénero.

Anuncio 1. Ecoloxía.


luns, 6 de novembro de 2017

Visita ao Xulgado de Paz

O alumnado de valores éticos vén de visitar o Concello de Viana do Bolo

Diego F. | O martes 24 de outubro o alumnado de Valores Éticos visitamos o Xulgado de Paz de Viana. A Xuíza de Paz, Patricia Ares, explicounos como funciona o Xulgado.


Nel, inscríbense nacementos, defuncións e matrimonios. Puidemos ver libros onde había rexistros dende o ano 1872. Patricia contounos tamén que en ocasións se fan conciliacións, algo moi parecido ás mediacións escolares que levamos a cabo no noso centro.

martes, 31 de outubro de 2017

Samaín na Biblioteca

Entre contos de medo, cabazas misteriosas... A carón das vellas historias, morcegos escuros e atrevidos...












xoves, 26 de outubro de 2017

EPDLab 1: movémonos contra o sexismo

Laura S. | Este luns 23 de outubro, iniciamos a nosa primeira sesión no proxecto EpDLab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento).


O alumnado de 1º de bacharelato, comeza con gañas de experimentar e desenvolver unha serie de cuestións que están moi presentes no noso entorno, aínda que moitas veces non sexamos conscientes. O feito de ter presentes as novas tecnoloxías fai que este traballo sexa máis levadeiro e interesante para todos, tendo que utilizar redes de moito uso como son Instagram e Twitter.


No noso primeiro afrontamento, unha vez feita a presentación máis un test inicial acerca dos nosos coñecementos, tratamos un tema moi importante como é o sexismo, no que nos demos conta de que homes e mulleres non somos tan diferentes. Fixemos unha serie de actividades lúdicas interesantes; como ver titulares de xornais no que a muller é infravalorada nos deportes e comentalo por grupos,  escribir o que pensabamos a cerca das diferenzas entre ambos sexos (onde puidemos comprobar que eran moi escasas) e para concluír, coa axuda da nosa imaxinación, creamos imaxes que representasen a nosa idea fronte ao sexismo.


Unha serie de actividades de moitos valores e aprendizaxe que sempre que se fagan en grupo de dunha maneira divertida... mellor.